Adestramento Creativo

A nosa equipa

A nosa historia

A nosa historia comeza moito antes da creación de Adestramento Creativo. Durante máis de dúas décadas vivimos o ciclismo desde dentro, compartindo rutas, competicións, retos e innumerables experiencias que nos fixeron medrar como deportistas e como persoas.

Ao longo deste camiño tivemos a oportunidade de coñecer diferentes disciplinas, desde o XCO e o ciclismo en pista ata o ciclismo de estrada, celebrando éxitos deportivos como campionatos galegos, subcampionatos nacionais e participacións en competicións internacionais. Pero, sobre todo, aprendemos que o verdadeiro valor do ciclismo está nas persoas coas que compartes cada quilómetro.

Nestes anos destacamos especialmente en disciplinas como o XCO, o ciclismo en pista e o ciclismo de estrada, acompañando a corredores desde os seus primeiros pasos ata conseguir campionatos galegos, subcampionatos nacionais e resultados internacionais.

Con esa ilusión nace Adestramento Creativo: un club creado para promover o ciclismo, fomentar hábitos de vida saudables e ofrecer un espazo de encontro para todas aquelas persoas que comparten esta paixón, independentemente da súa idade ou nivel.

Porque cremos que os mellores proxectos non se constrúen arredor dos resultados, senón das persoas. Queremos seguir sumando quilómetros, experiencias e ilusións, facendo medrar o ciclismo e creando unha comunidade na que cada socio e socia atope o seu lugar.