Benvido/a á Asociación Adestramento Creativo

Porque detrás de cada deportista hai unha historia que merece ser apoiada.

Quen somos

Adestramento Creativo é unha asociación deportiva comprometida coa promoción do ciclismo como unha ferramenta para mellorar a saúde, fomentar hábitos de vida saudables e construír unha sociedade máis activa, responsable e respectuosa.

Ler máis →

Que aportamos

No noso club entendemos o ciclismo como moito máis ca un deporte. É unha forma de vivir, unha ferramenta para crecer, aprender, compartir e desfrutar do camiño, sempre desde o respecto, o esforzo e a ilusión.

Ler máis →

A nosa historia

A nosa historia comeza moito antes da creación de Adestramento Creativo. Durante máis de dúas décadas vivimos o ciclismo desde dentro, compartindo rutas, competicións, retos e innumerables experiencias que nos fixeron medrar como deportistas e como persoas.

Ler máis →

Vídeo de adestramento creativo